Soberano (moeda)

Para outros significados, véxase a páxina de homónimos Soberano.
Soberano (moeda) †
Sovereign en Inglés
AnversoReverso
Ámbito:
Reino Unido Reino Unido
Australia Australia
Canadá
India India
Sudáfrica Suráfrica
Fracción:- Cuarto de soberano.
- Medio soberano.
Moedas:- Soberano.
- Dobre soberano.
- Quíntuplo soberano.
Emisor:Banco de Inglaterra

O soberano é unha moeda de ouro do Reino Unido, co valor nominal dunha libra esterlina. Cuñada desde 1817 ata os nosos días, orixinariamente foi unha moeda circulante de uso tanto en Gran Bretaña como noutros lugares do mundo e posteriormente converteuse nunha moeda de investimento e colección.[1][2] Emitíronse tamén medios soberanos, dobres soberanos e quíntuplos soberanos.[3]

A súa tipoloxía máis característica é a da cabeza do monarca no anverso e o San Xurxo loitando co dragón no reverso, coas siglas BP no exergo, á dereita da data, correspondentes ao seu deseñador: Benedetto Pistrucci.[4]

A moeda tomou o seu nome doutra anterior do Reino de Inglaterra, implantada por Henrique VII en 1489 abandonada en 1603.[5][6]

Co valor dunha libra ou 20 xilins, o soberano substituíu a guinea, cuñada entre 1663 e 1814, que valía 21 xilins (1,05 libras).[7]

  1. "Soberano" en Digalego. Dicionario de galego.
  2. "Soberano". En Alfaro Asins et al. (2009).
  3. "Medio soberano" e "Doble soberano". En Alfaro Asins et al. (2009).
  4. "1 Sovereign - George III". En Numista.
  5. Alfaro Asins, C. (2009). "Soberano".
  6. "Tudor Sovereign Arquivado 04 de setembro de 2019 en Wayback Machine.". The Royal Mint Museum.
  7. "Guinea, Coin Type from United Kingdom - detailed information". Online Coin Club.

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search